O BNG recrimina á Xunta non investir "ata o ultimo euro" dos anteriores fondos europeos e dubida da actual xestión

Ana Miranda acusa a Feijóo de "vender motos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, advertiu este mércores que para ela ten "pouco valor" o compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para xestionar os novos fondos que cheguen de Europa, tras deixar " de executar máis de 1.400 millóns durante o Marco Financeiro Plurianual 2014-2020".

Así o manifestou, nun comunicado, un día despois de que o presidente, ademais de protagonizar un selfi viral co Manneken Pis vestido de peregrino, ocupase a súa axenda con varias reunións con autoridades europeas e selase o compromiso en relación á execución eficaz dos novos recursos que, no marco da pandemia, se activarán en Europa.

En concreto, Feijóo ratificou o seu compromiso de presentar o 'Plan estratéxico da economía galega 21-30', cos fondos de cohesión e os Next Generation xa incorporados. Tamén fixo referencia á negociación entre sindicatos e empresarios para sincronizar a oferta e demanda de postos de traballo, como parte da Axenda de Emprego de Galicia.

En fronte, o BNG acusa a Feijóo de "vender motos" e "facerse fotos irrelevantes", en referencia ao selfi do presidente galego co Manneken Pis vestido de peregrino. Os nacionalistas cualifican de "total irresponsabilidade" que non se investira ata o último euro dos anteriores fondos europeos cos problemas de emprego e demográficos que atravesa Galicia.

Tamén se mostran "preocupados pola falta de información pública" sobre como se investirán os fondos de cohesión e os Next Generation. A portavoz do Bloque en Europa lembra que xa trasladaron á Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira, a súa preocupación pola "falta de transparencia" respecto dos fondos na reunión que Ana Pontón e ela mantiveron o pasado 1 de xuño.

FACERSE "FOTOS TURÍSTICAS": "IRRESPONSABLE"

Miranda subliñou que o Goberno galego debe "tomarse en serio" o cumprimento dos estándares europeos de transparencia. Desde o seu partido cualifican de "irresponsable" facerse "fotos turísticas" o día antes dunha xornada de folga xeral na Mariña.

A portavoz do Bloque en Europa lembra que xa trasladaran á Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira, a súa preocupación pola falta de transparencia respecto dos fondos na reunión que mantiveron que Ana Pontón e ela mantiveron o pasado un de xuño.

A portavoz do Bloque en Europa, Ana Miranda. BNG
A portavoz do Bloque en Europa, Ana Miranda. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta