A Xunta di que se implicará "de cheo" na conmemoración do Ano Laxeiro en 2022

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/11/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O Goberno galego implicarase "de cheo" na conmemoración do Ano Laxeiro en 2022, tal e como avanzou este mércores o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante os actos de celebración do Día das Artes Galegas.

Busto de Laxeiro
Busto de Laxeiro | Fonte: Wikipedia.

No evento organizado pola Real Academia de Belas Artes, que tanto este ano como o pasado está dedicado a Domingos de Andrade, o conselleiro referiuse á oportunidade que supón esta dobre homenaxe supón para divulgar a figura dun arquitecto que realizou "unha maxistral transformación" en Santiago de Compostela, pero tamén en Lugo, Tui e A Coruña ou espazos fundamentais para o Camiño.

No acto, Román Rodríguez referiuse, ademais, ao próximo creador galego co que se festexará esta efeméride, Laxeiro, que protagonizará os actos do Día das Artes Galegas de 2022.

O conselleiro sostivo que entre Domingo de Andrade e Laxeiro "parece non existir demasiadas similitudes no que á súa produción refírese, pero hai unha característica que os fai equiparables: ambos conseguiron renovar o imaxinario artístico do seu tempo".

Tamén sinalou a capacidade de ambos para "contribuír a dotar a Galicia dun destacado na xeografía creativa tanto nacional como continental".

O titular de Cultura da Xunta referiuse a Laxeiro como un "autor moderno fundamental" cuxa elección para festexar en 2022 este día expresa a idea que manifestan as artes creativas galegas, "a da innovación e o inconformismo, o vínculo entre a tradición e a modernidade e a pegada persoal".

Neste sentido, detallou que o Goberno galego traballa xa no Ano Laxeiro a través dunha programación cultural específica, completa e diversificada que poña en valor o seu legado no marco do 25 aniversario da súa morte.

Ademais, expresou a importancia de divulgar e promover o traballo deste artista lalinense "cun ano enteiro de celebración da súa xenialidade para que o seu traballo goce da proxección que merece".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta