Investigan se unha nova agresión a un mozo na Coruña podería ser homófoba

Non hai indicios sobre quen puido ser o autor dos feitos. Ao rapaz "rebentáronlle a cara e non lle roubaron".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/11/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Policía Nacional investiga a agresión a un mozo na Coruña, ocorrida na madrugada do pasado 13 de novembro e que se denunciou o día 17, e se a mesma "ten tinguiduras homófobas ou non", explicaron a Europa Press desde este corpo policial. Os feitos, segundo fontes consultadas, producíronse no portal da vivenda onde reside o mozo, de nacionalidade brasileira e que leva pouco tempo vivindo na Coruña.

En concreto, do pouco que lembra do sucedido, segundo apuntaron, o autor "chamou ao portal e el pensou que quería ligar e accedeu a camiñar". Ademais, precisaron que no traxecto é onde se produciu a agresión.

"Rebentáronlle a cara e non lle roubaron", dixeron tras poder falar coa contorna da vítima e sobre uns feitos que tiveron lugar na zona de Santa Margarita. Tamén confirmaron que o agredido, que se recupera das lesións, xa presentou denuncia, extremo tamén ratificado pola Policía Nacional.

"Investígase se esta agresión ten tinguiduras homófobas ou non", sinalaron desde o corpo policial, que sinalaron que "non hai ningún indicio sobre a persoa que puido ser o autor dos feitos". "Nin investigado, nin sospeitoso", apostilaron.

Coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

INVESTIGACIÓN POLICIAL

A preguntas dos medios sobre o caso, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, explicou que a Policía está a investigar, pero non quixo dar información para que a investigación se poida levar a cabo de forma "tranquila e sosegada", ademais de poder pescudar se se trata de "un caso homófobo ou non".

O delegado asegurou que a próxima semana reunirase cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para obter toda a información sobre este caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta