Alertan do incremento de máscaras non homologadas en plena suba de casos Covid

Os fabricantes españois piden mercar só material que fora homologado pola UE para preservar a saúde pública e evitar "a competencia desleal".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Os casos Covid rexistrados en Galicia mantéñense á alza logo de varios días de suba e volver poñer en alerta ás autoridades. Se ben a ratio de ingresados en UCI segue a ser menor porque, como explican os expertos, as vacinas protexen sobre todo contra os cadros graves da variante delta, a suba segue a ser alarmante. Fronte a esta circunstancia, os fabricantes de máscaras e EPIs destacan a necesidade de empregar sempre material homologado.

Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus
Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Así o vén de comunicar o grupo de compañías adheridas a Asociación Española de Fabricantes de Máscaras, Batas e  EPIS,  OESP, que advirten nun comunicado do "crecente uso" de modelos de máscaras que non están homologados, e por tanto "non son efectivos para protexerse de enfermidades como a Covid19 ou a gripe". Neste aspecto, lembran a importancia de prestar atención aos certificados de seguridade "para preservar a saúde pública".

Dende a plataforma inciden en que o recordatorio vén dado vén dado tras o "auxe" de novos modelos de máscaras que, explican, "a pesar de ser prácticos e rechamantes, poden non contar coas regulacións de calidade necesarias para confirmar que se trata dun produto seguro". Todo coa vista postas nas festas do Nadal, que en 2020 foron seguidas dun pico de casos destacable. 

É por iso que a OESP avoga por un uso "correcto" deste material por parte de fabricantes, provedores, e consumidores. Pretenden certificar que os produtos que se consomen son seguros, para así protexer a saúde pública, ademais de frear o "impulso da competencia desleal dentro do sector", sen apuntar a mercados, sectores ou axentes económicos concretos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta