Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 17:34
O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2022 completou este xoves o seu paso pola Comisión de Orzamentos do Congreso cos votos do PSOE, Unidas Podemos, o PNV e Bildu e pasarán a votarse a próxima semana no Pleno do Congreso, último exame antes de ser aprobados e enviados ao Senado. Neste sentido, o BNG censurou a falta de receptividade do Goberno ás súas propostas e non decarta votar en contra.
Para superar as votacións das distintas seccións do proxecto e do informe do relatorio, os grupos do Goberno contaron co apoio do PNV e Bildu, mentres que Esquerra Republicana (ERC), Junts e Coalición Canaria (CC) s abstiveron. O PP, Vox e Ciudadanos votaron en contra.
O proxecto chegará ao Pleno do Congreso tras incorporar emendas dos socios do Goberno, principalmente do PNV e Nueva Canarias, pero tamén ERC, Bildu, Más País-Equo, Teruel Existe, Compromís e o Partido Regionalista Cántabro (PRC).
Entre elas, un fondo de 25 millóns de euros para compensar a vítimas do amianto, esixido por Unidas Podemos, PNV e Bildu, unha nova axencia independente de supervisión dos algoritmos e un plan de saúde mental en institutos dotado con 5 millóns, propostas estas pactadas con Más País-Equo.
FONDO COVID QUE O GOBERNO VE IMPOSIBLE EXECUTAR
Con todo, a principal modificación ao Orzamento foi a pesar do rexeitamento de PSOE e Unidas Podemos, que xunto ao PNV non puideron evitar unha emenda de Junts, apoiada por PP, Vox, ERC, Cs, Bildu e CC para crear un fondo de 9.632 millóns de euros para compensar as comunidades autónomas gastos derivados da pandemia de Covid-19.
O Ministerio de Facenda apresurouse a aclarar que non ve posible executar dito fondo, sinalando que a emenda dá de baixa un programa que non existe nos Orzamentos, polo que non existen eses fondos. Pero é que ademais, incide, a sección afectada non conta sequera con recursos suficientes, quedando nuns 7.000 millóns previstos para compensar as comunidades por IVE pendente de liquidar en 2017.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.