Así eran algúns dos destinos da última gran onda de emigrantes galegos

Lugares atípicos como Panamá, Perú ou Australia forman parte da historia da emigración galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/11/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A nova entrega do especial "Historias de ida e volta" presenta en vinte imaxes e documentos destinos que aínda que non foron maioritarios foron destacados pola importancia cualitativa que os nosos emigrantes desempeñaron en determinados sectores produtivos da súa economía.

Tripulación do pesqueiro Panchés, propiedade de galegos, 1962
Tripulación do pesqueiro Panchés, propiedade de galegos, 1962 | Fonte: Fonte: Arquivo da Emigración Galega

Foron lugares que non callaron masivamente por razóns políticas, económicas, climáticas ou sanitarias pero si tiveron unha posición destacada. Panamá, Perú, Canadá ou Australia son algúns deses destinos.

DESTINOS ATÍPICOS

A emigración galega en Panamá comezou a principios do século XX nomeadamente como man de obra para a construción da súa canle. A maioría dos emigrantes galegos procedían das comarcas do Carballiño, Forcarei e da Estrada e chegaron a este país nun momento de auxe auspiciado pola influencia estadounidense.

Outro destino singular foi Perú. Moitos veciños e veciñas da Costa da Morte víronse atraídos polo despregamento económico que viviu este país nos anos 50 e 60 coa explotación pesqueira e a produción de fariña e de peixe. Grazas ao seu traballo, Perú chegou a ser unha potencia mundial do sector.

No caso de Canadá e Australia, nos anos 50 e 60 a emigración asistida por parte do Goberno Español levou a que moitos galegos e galegas probasen fortuna en países cunha lingua e cultura completamente diferente. A través do Instituto Español de emigración, pódese apreciar información como as condicións das viaxes, os contratos laborais, os dereitos e deberes dos traballadores extranxeiros e un amplo vocabulario en inglés e francés.

As fotografías e documentos deste especial foron cedidos por algúns dos seus protagonistas. Este material consérvase no Arquivo da Emigración Galega, dentro de documentación do Consello da Cultura Galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta