O BNG estará este sábado na manifestación de Bildu pola independencia en Bilbao

Estarán presentes tamén organizacións como ERC, CUP e outras de Asturias e Illes Balears.

Por E.P. | BILBAO | 19/11/2021 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

Representantes de BNG, ERC, CUP, Mes per Mallorca e Andecha Astur participarán na manifestación organizada para este sábado en Bilbao por EH Bildu en favor da independencia do País Vasco-

A marcha arrincará ás 17.30 horas desde a praza da Casa para finalizar no Concello, onde está previsto que tomen a palabra Garazi Perea e Arnaldo Otegi.

Segundo informou a coalición soberanista, entre as persoas que portarán a pancarta que abra a manifestación poderase ver a Edurne Brouard, filla do dirixente de EH asasinado polos GAL Santi Brouard; as portavoces de EH Bildu no Congreso e no Parlamento navarro, Mertxe Aizpurua e Bakartxo Ruiz; o coordinador xeral, Arnaldo Otegi; e a portavoz parlamentaria na Cámara vasca, Maddalen Iriarte, entre outros.

Tamén está previsto que, á cabeza da manifestación, marchen membros da mesa política de EH Bildu e responsables institucionais en diferentes concellos vascos. Doutra banda, ao redor de 80 autobuses partirán de diferentes localidades vascas para tomar parte na mobilización.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto ao deputado no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa para presentar as emendas aos orzamentos xerais do estado
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto ao deputado no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa para presentar as emendas aos orzamentos xerais do estado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Riolo

Mucha sonrisita progre, pero al final el BNG sigue a las órdenes de Bildu-ETA.

1 Amancio

Vai perder o BNG tantos votos por isto como Pablo Casado por ir á misa de Franco.

1 Gamela

Rubén Cela pechará a marcha cunha estreleira pequerrecha ! O BNG non é independentista ! Pero regala votos a EH Bildu e ERC para sentar no Parlamento Europeo grazas aos votos dos galegos ! O autobús tamén o pagamos nós ! UPG UPG UPG !