Galicia rexistra o peor saldo de España entre empresas creadas e disoltas en 2019

Só hai outras tres autonomías en cifras negativas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Galicia creou 16.982 empresas en 2019, o que supón 2.422 menos que as 19.404 compañías que desapareceron ese exercicio, segundo a 'Demografía harmonizada de empresas' que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este é o peor saldo rexistrado entre comunidades. Só hai outras tres autonomías en cifras negativas: Castela e León (-744), Aragón (-294), Asturias (-77) e Estremadura (-19).

O stock de empresas en Galicia en 2019 foi dun total de 218.334 (inclúe tanto as empresas que estiveron activas durante todo o ano como as que o fixeron parte del)/del). Así, a taxa de nacementos de empresas (cociente entre as creadas e o stock) foi do 7,8%, por baixo do 9,8% no Estado. Pola súa banda, a taxa de morte foi do 8,9% na comunidade galega, máis elevado que o do país (8,5%).

Isto arroxa unha taxa negativa de crecemento (-1,1), que contrasta co dato positivo que se produciu no Estado en 2019 (+1,2%).

Cartos
Cartos | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta