Regalan 2.000 kg de carne de polo en Pontevedra para protestar pola situación dos gandeiros

Denuncian que os prezos de venda non soben ao mesmo ritmo que os custes de produción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A organización Unións Agrarias repartirá de forma gratuíta 2.000 quilos de polo en Pontevedra como protesta pola subida nos custos de produción da avicultura e os prezos de venda, que consideran "baixos". A repartición celebrarase o martes 23 de novembro na Praza de Ourense, segundo indica este sábado nun comunicado o sindicato, que busca advertir sobre as perdas no sector avícola debido, entre outras cousas, á subida do prezo da luz que supón o 33% dos gastos de produción.

Segundo estimacións do propio sector, deixáronse de ingresar 3'5 millóns de euros durante os meses de verán en máis de 600 explotacións galegas, polo que Unións Agrarias insta á Xunta a buscar fórmulas que permitan compensar as perdas. Ademais, os avicultores tamén sinalan que o prezo da carne de polo non se recuperou aínda da baixada no consumo da hostalaría e o turismo. Tamén denuncian que deben facer fronte a unha serie de gastos fixos, como a enerxía e os seguros, que non se reduciron tras a pandemia.

A organización denuncia ademais outros problemas asociados coas empresas das que dependen os produtores, asociados a unha redución da entrada de crías por parte destas empresas de 35.000 a 30.000 por camada.

Galiña no poleiro
Galiña no poleiro | Fonte: Colombia.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta