Morre unha muller no incendio dunha vivenda en Narón

Descoñécense as causas do suceso, que tería comezado ás 14:30 deste sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu nun incendio rexistrado no mediodía deste sábado nun inmoble da localidade coruñesa de Narón. O lume iniciouse sobre as 14:30 horas deste sábado no baixo do inmoble situado no número 193 da estrada de Castela, en Narón.

Á zona desprazáronse de inmediato os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón con varios vehículos e efectivos, ademais de axentes da Policía Local de Narón e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cunha ambulancia asitencial.

A muller falecida residía na vivenda e, polo momento, descoñécense as causas da orixe do incendio. Está previsto que á zona se desprace unha comisión xudicial para proceder ao levantamento do cadáver.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Segundo a información achegada polo CIAE 112 Galicia, as chamas consumiron dúas habitacións da vivenda e, ademais, provocaron un corte da subministración eléctrica na iluminación pública da zona. Ademais, os veciños das casas lindeiras ao inmoble no que se declarou o incendio foron desaloxados mentres duraron as tarefas de extinción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta