ALCOA: nin saben nin queren

Resultou ben rechamante a participación na demostración cidadá d’As Mariñas do sx “in pectore” do PSdeG, Valentín G. Formoso e maís do sx do PPdeG, Miguel Tellado, que son problema e non solución.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 21/11/2021

Comparte esta noticia

Ano e medio de inacción, idas e voltas da ministra española e do vicepresidente galego evitando as solucións que ofreceron na primavera de 2020: a merca a baixo prxo ou expropiación  por parte do grupo industrial público estatal, a SEPI (coa participación que cumprise do Goberno galego) da factoría de aluminio de ALCOA en San Cibrán, factoría estratéxica ao 100%, pois que precisamos producir aluminio primario na Galicia e mesmo na Europa, para fornecer as necesidades da nosa construción, automoción, produción de teléfonos móbiles e computadoras de mán,  industria farmacéutica, cervexeira e alimentaria. O prezo do aluminio primario medrou desque comezou a pandemia un 54%. Alguén pode negar esta industria como estratéxica?

Traballadores de Alcoa maniféstanse para defender o futuro da fábrica de aluminio en San Cibrao, a 19 de xullo de 2021, en San Cibrao, Cervo Lugo, Galicia (España). A cabeceira da manifestación leva unha pancarta que di: 'A Mariña sálv. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Traballadores de Alcoa maniféstanse para defender o futuro da fábrica de aluminio en San Cibrao, a 19 de xullo de 2021, en San Cibrao, Cervo Lugo, Galicia (España). A cabeceira da manifestación leva unha pancarta que di: 'A Mariña sálv. César Arxina - Europa Press - Arquivo

Se é estratéxica esta industria, a Xunta e o Goberno do Estado poderán intervir a factoria exercendo cadansúas competencias, consonte co Dereito europeo e mesmo podería funcionar ben de anos unha empresa pública, quer estatal, quer galega, quer mixta, que desenvolvera esta actividade empresarial estratéxica. O Estatuto de Galicia, a Constitución e o Dereito Europeo regulan esta opción como posíbel, como ben estudou e desenvolveu o profesor de Dereito Administrativo da UDC, Carlos Aymerich, na primavera de 2020. Mesmo abondaría cun Decreto-Lei estatal expropiatorio, tendo en conta a urxencia da mesma. O xusto prezo sería moi baixo, de certo, ben lles consta aos xefes de ALCOA.

Mais ALCOA é evidente que non quere vender, porque non quere competencia nun mercado internacional que quere aínda máis restrinxido. E está a se aproveitar da falla de ideas e capacidades negociadoras destes dous Gobernos, español e galego, que amosan non ser quen a desenvolver, non xa políticas industriais, senón mesmo accións illadas en defensa dun campión empresarial.

Cómpre, porén, lembrar o que hai 16-17 meses lembraba o xornalista galego José Luis Gómez: i) ALCOA adebeda máis de 40M€ polo incumprimento das subvencións recibidas, moito máis evidente logo de que foi defintiva a sentenza do TSXG que acordou a nulidade do ERE laboral de 2020, ii) xestiona en exclusiva un porto e unha estrada que serven á súa moi rendíbel e estratéxica produción de alúmina e iii) ten unha moi grande responsabilidade na balsa de refugallos ambientais de máis de 87 ha. xerada pola súa actuación industrial.

Xa que logo,  ferramentas para negociarmos con ALCOA abondan . Mais a Xunta e o Goberno do Estado nin saben, nin valen, nin queren.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.