A Xunta pon data á recuperación económica da pandemia: primeiro semestre de 2022

Augura un crecemento do PIB sostido do 6%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, asegurou este luns que Galicia estará en disposición de recuperar a riqueza prepandemia no primeiro semestre de 2022, cun crecemento do PIB sostido do 6%.

"Co ritmo de crecemento que levamos este ano e de acordo ás previsións do Instituto Galego de Estatítisca (IGE) para o seguinte, podo confirmar que Galicia está en disposición de recuperar a riqueza prepandemia en primeiro semestre de 2022 e superala ao longo do próximo exercicio", sinalou.

"Así o estimamos porque vemos un crecemento do PIB sostido do 6% tanto este ano como o próximo", explicou o conselleiro, que detallou que este crecemento estará sostido tanto no incremento do consumo privado e como nun "especial esforzo" en investimento produtivo por parte da administración autonómica, que terá reflexo no crecemento do "8,1% en formación bruta de capital", no que se terá en conta tamén a execución dos fondos Next Generation.

Diso informou este luns durante a súa comparecencia no debate de totalidade do proxecto de orzamentos da Xunta para 2022, no que destacou que se trata dunhas contas "cribles" para adaptarse á realidade pospandemia e que Galicia estea entre os territorios que "sairán reforzados".

Ademais, o conselleiro tamén augurou un crecemento das exportacións ata un 10%. "En canto ao mercado de traballo, estamos en disposición de encarar dous exercicios de forte crecemento", indicou para subliñar que esta tendencia permitirá rebaixar a taxa media de paro en 2022 ata o 11,7%.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, no pleno da Cámara galega. XUNTA
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, no pleno da Cámara galega. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta