Mañueco demanda que o Goberno lle dea un "impulso político ao Corredor Atlántico"

Pide utilizar para iso os fondos Next Generation.

Por E.P. | OURENSE | 22/11/2021 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, demandou que o Goberno de España lle dea "un impulso político" ao Corredor Atlántico Noroeste, do mesmo xeito que fixo co Mediterráneo.

O dirixente autonómico realizou estas declaracións durante o acto posterior á viaxe de probas do tren entre Madrid e Ourense, que serviu para estrear o tramo entre Pedralba de la Pradería e a cidade galega, que entrará en servizo para os usuarios o 21 de decembro.

Deste xeito, e en presenza da ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, Mañueco apuntou que "queda moito por facer" para desenvolver o noroeste de España e insistiu na importancia do corredor como "ramal crave".

Nese sentido, Mañueco pediu a Raquel Sánchez que implique aos gobernos autonómicos de Galicia, Asturias e Castela e León para discutir sobre a posible chegada dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento do Corredor Atléntico Noroeste: "Hai miles de millóns de euros" de fondos europeos para 2022 sen territorializar e sen identificación de proxectos e "é o momento" de pór neles o nome do noroeste, reclamou Fernández Mañueco.

Do mesmo xeito, o presidente da Xunta de Castela e León incidiu na necesidade de que o Goberno de España "mire a todo o territorio da mesma maneira" e asegurou que hai "investimentos imprescindibles pendentes", como a mellora do tramo entre León-Astorga e Ponferrada e a solución ao lazo de Manzanal.o.

En canto á liña de AVE que se porá en funcionamento o mes que vén, o presidente da Xunta de Castela e León falou de "día histórico" e subliñou que supón "un punto e seguido" para vertebrar o territorio.

Unha azafata nas portas do tren que vai efectuar unha viaxe polo novo tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense, na estación de Madrid-Chamartín na primeira viaxe de probas do AVE a Galicia
Unha azafata nas portas do tren que vai efectuar unha viaxe polo novo tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense, na estación de Madrid-Chamartín na primeira viaxe de probas do AVE a Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta