Os prezos do tren: cando ir de Santiago a Ourense é máis caro que un traxecto a Madrid

A chegada da Alta Velocidade recibe críticas pola disparidade de prezos, que afectan sobre todo ás vías ourensás.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A ansiada chegada do AVE a Galicia cristaliza. Tras unha longa listaxe de executivos no Goberno central, moitas promesas levadas polo vento e datas adiadas, a alta velocidade cruzou Galicia por primeira vez o pasado luns. Pero isto non foi suficiente para calar as críticas a un sistema ferroviario que agora está no punto de mira pola "discriminación" dos traxectos galegos no tocante ao esquema de prezos.

Trens AVE estacionados nunha plataforma na estación Madrid-Puerta de Atocha
Trens AVE estacionados nunha plataforma na estación Madrid-Puerta de Atocha | Fonte: Marta Fernández Jara - Europa Press - Arquivo.

O BNG xa denunciou xornadas atrás o feito de que o tren entre Santiago e Ourense fora "o máis caro do Estado", chegando aos 17'70€ para quen non dispoña de descontos en RENFE e sempre que se merque só unha viaxe de ida. O elevado custe deste traxecto contrasta cos primeiros billetes que se están a ofertar entre Galicia e Madrid, e que poden ser adquiridos por 15€ --cando menos a primeira remesa de 250.000 viaxes, inscrita nunha promoción--.

DE MADRID A BARCELONA POR 7 EUROS

Se ben é certo que a orografía entre Santiago e Ourense puxo dificultades á construción da liña dos trens que a cruzan, o prezo contrasta aínda máis cos traxectos lowcost que agora oferta a Renfe a través da plataforma Avlo, que ofrece viaxes de Madrid a Barcelona dende só 7 euros. Unha diferenza de prezos que xa está a xerar críticas en redes sociais e que segue tisnando o papel do administrador ferroviario na Comunidade Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta