Os encoros galegos perderon 59 hectómetros cúbicos de auga nunha semana e quedan ao 42% da súa capacidade

En concreto, as presas galegas rexistran 1.564 hectómetros cúbicos de auga dos 3.714 que poden almacenar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 42,11% da súa capacidade ao perder 59 hectómetros cúbicos de auga na última semana, segundo datos difundidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco).

En concreto, as presas galegas rexistran 1.564 hectómetros cúbicos de auga dos 3.714 que poden almacenar. Así, os encoros da conca hidrográfica Miño-Sil contan con 1.218 hectómetros cúbicos de auga, 47 menos que a semana pasada, polo que están ao 40,2%.

Pola súa banda, as presas da conca Galicia Costa atópanse ao 50,6% da súa capacidade con 346 hectómetros cúbicos embalsados, 12 menos que fai sete días.

A nivel estatal, a reserva hídrica está ao 39,1% da súa capacidade total. Os encoros españois almacenan actualmente 21.929 hectómetros cúbicos de auga.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta