Navantia ofreceu aos operarios de Ferrol desprazarse a Cádiz pola folga do metal, denuncia a CXT

Piden a dimisión do directivo responsable dunha manobra que "todos os traballadores rexeitaron".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A sección sindical da CXT en Navantia Ferrol denunciou, a través dun comunicado, que a dirección da empresa naval pública "ofreceu a compañeiros dun gremio de Ferrol" a desprazarse ao estaleiro de San Fernando "para traballar nos preparativos da botadura prevista naquela factoría para principios de decembro", e cuxos traballos se están vendo afectados pola folga do metal, unha posibilidade que "todos eles rexeitaron".

Ante este escenario a CXT considera "unha vergoña que a dirección de Navantia tente que traballadores da nosa factoría contribúan a boicotear a folga dos compañeiros do metal de Cádiz". Neste sentido, esta organización sindical xa expuxo no seo da permanente do comité de empresa "a necesidade dunha acción de repudio de todo o persoal contra este intento de converternos en esquiroles". Ademais, tamén reclama "a dimisión do directivo de Navantia responsable desta manobra impresentable".

Concentración convocada pola CXT diante da entrada de Navantia Ferrol.. CEDIDA
Concentración convocada pola CXT diante da entrada de Navantia Ferrol.. CEDIDA | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta