A Cámara municipal de Nazaré interésase pola transformación "revolucionaria" de Pontevedra

A cámara municipal visita estes días a cidade do Lérez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Unha delegación da Cámara municipal de Nazaré visita estes días Pontevedra coa intención de coñecer o modelo urbano da cidade, na que mantén diversas reunións e encontros de carácter técnico e institucional.

Encabezada polo seu presidente, Walter Chicharro, a comitiva puido coñecer de primeira man algúns dos elementos instaurados na cidade durante as últimas décadas, como as diferentes limitacións de velocidade, a accesibilidade universal para todas as persoas, a convivencia entre peón e tráfico rodado ou a loxística urbana, entre outros avances.

Na mañá deste mércores e despois dun longo percorrido pola vila, a delegación ofreceu unha rolda de prensa conxunta co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Nela, ademais do rexedor, participou a enxeñeira portuguesa, Paula Tees; e o presidente da Cámara Municipal de Nazaré, Walter Chicharro.

Os invitados portugueses aplaudiron diversos puntos do modelo urbano pontevedrés e ofreceron diversos eloxios sobre o mesmo, ao destacar o avanzado estado de desenvolvemento e recuperación do espazo público no que se movía a cidade. "Se unha cidade está preparada para iso, estará preparada para todo o demais", sinalou o presidente da Cámara municipal.

Nese sentido, Paula Tees destacou que boa parte do traballo dos enxeñeiros civís debe pasar pola creación dun espazo público urbano máis seguro e democrático, e destinado ás persoas, sendo ese "o gran reto do mundo" á hora de pensar en infraestruturas.

Pola súa banda, Walter Chicharro expresou o interese que o seu municipio tiña na cidade de Pontevedra e definiu a transformación da cidade do Lérez como unha "revolución", agradecendo á Boa Vila por compartir a súa experiencia co resto do mundo.

O político portugués comentou que está interesado en mellorar a calidade das vidas dos seus veciños e que así o tentará facendo máis accesible todo o territorio.

Cidade de Pontevedra
Cidade de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta