A cinta iraniana 'Hit the road', mellor película na primeira edición competitiva de Cineuropa

Premio a mellor director ao cineasta chinés C.B.Yi, autor de 'Moneyboys'

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 22:06

Comparte esta noticia

A cinta iraniana 'Hit the road' gañou o premio a mellor película na primeira edición competitiva de Cineuropa, festival que se celebra en Santiago de Compostela.

A ópera prima do iraniano Panah Panahi, fillo do veterano Jafar Panahi, na que analiza os cambios vitais e problemáticas do seu país, foi distinguida por un xurado internacional formado pola directora uruguaia Gabriela Guillermo, a crítica e xornalista catalá Imma Merino e o cineasta compostelán Alfonso Zarauza.

O premio á mellor dirección foi para C.B.Yi, autor de 'Moneyboys', filme que representa a homosexualidade en China con "sensibilidade e calidez". Así mesmo, Clara Roquet leva unha mención especial por 'Liberdade'.

'La chica nueva', de Micaela Gonzalo, e 'Azor', de Andreas Fontana, recibiron o premio ao mellor guión 'ex-aequo'. Por último, os premios a mellor actriz e actor foron para Ann Dowd e Jason Isaacs, dous dos protagonistas de 'Mass'.

XURADO NOVO

No tocante ao Xurado Novo, recoñécese a Gaspar Noé como mellor director por 'Vortex'. Aquí, o premio a mellor película lévallo 'Moneyboys'. Este xurado composto polos mozos Alicia Aykan, Ana Moreira, Cristian Silva, Rebeca Fernández e Sheila Dopazo galardoa a 'Mala sorte no sexo ou porno tolo' co premio especial do Xurado Novo.

O galardón a mellor interpretación vaise para Iván Cáceres, protagonista da chilena 'Mis hermanos son despiertos'. Así mesmo, a xaponesa 'Drive my car' gaña o premio a mellor guión.

Xurado oficial de Cineuropa. CINEUROPA
Xurado oficial de Cineuropa. CINEUROPA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta