A Xunta volve responsabilizar ao Goberno de xerar unha situación de "caos enerxético"

O conselleiro de Economía ve a España nunha situación de "estado de alarma enerxético" e esixe ao Goberno un "cambio de rumbo" e unha "resposta" para Alu Ibérica

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/11/2021 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, esixiu ao Goberno unha "resposta" ante a situación da planta de Alu Ibérica, na Coruña, tras autorizar a Audiencia Nacional ao administrador juidicial que tramite o concurso voluntario de acredores.

Ademais, reclamoulle un "cambio de rumbo" en política enerxética, ante a data posta por Enel, matriz de Endesa, para pór fin ao seu negocio gasístico no ano 2040, e que afectaría o ciclo combinado das Pontes.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa participación nunha xornada sobre transición enerxética, asegurou que a Xunta "traballa en identificar solucións" para a planta de Alu Ibérica, pero asegurou que necesitan "unha implicación clara do Goberno", do que subliñou que "avalou a venda" da fábrica coruñesa.

Ademais, volveu a insistir que isto pasa "por un prezo enerxético" e esixiu a este respecto e "transparencia". "É unha condición para traballar no contexto de identificar un proxecto industrial". "Esperamos unha reacción inmediata por parte do Goberno", recalcou.

Mentres, sobre o anuncio da matriz de Endesa, denunciou que existe un proceso de "descoordinación" entre o Executivo central e as empresas que leva "a unha situación de caos enerxético".

"España está nunha situación de estado de alarma enerxético", asegurou Conde, que demandou ao Goberno un "cambio de rumbo" para que haxa "unha coordinación e evitar os impactos negativos que se están producindo no sector económico e produtivo".

"Non hai unha axenda planificada, estamos en situación de descoordinación e desgoberno desde punto de vista política enerxética", dixo culpando ao Goberno central de levar a España a unha situación de "estado de alarma" neste ámbito.

Nova xornada de mobilizacións de traballadores de Alu Ibérica na Coruña. COMITÉ DE EMPRESA
Nova xornada de mobilizacións de traballadores de Alu Ibérica na Coruña. COMITÉ DE EMPRESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta