Folga nas oficinais de Unicaja en Galicia por un ERE "salvaxe"

Deixará na rúa ao 18% do persoal na Comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

As oficinas de Unicaja encaran este venres a primeira xornada de folga convocada polos sindicatos en protesta polo ERE exposto pola entidade financeira, que afecta ao 18% do persoal que traballa no nove centros que hai en Galicia. Nun comunicado, UGT chama á mobilización dos traballadores este venres para expresar o seu malestar contra un ERE que cualifican de "salvaxe" e que supón o despedimento de 1.513 empregados en todo o Estado, ademais dunha "homologación á baixa" nas condicións laborais e a fixación dun réxime de traslados "moi afastado" do establecido no convenio colectivo.

Así o remarca a central sindical, que sitúa no 18% do persoal do nove centros de Unicaja na Comunidade galega os afectados polo ERE exposto desde a compañía. Ademais de apelar aos empregados a secundar a folga, UGT pide comprensión á cidadanía que poida verse afectada os paros.

"A prestación dun servizo de calidade ás usuarias e usuarios da Entidade esixe que Unicaja Banco non destrúa emprego en Galicia. Só unha participación masiva e contundente na xornada de folga, logrará cambiar o rumbo da empresa na mesa de negociación", incide UGT no seu comunicado.

Arquivo - Unicaja Banco
Arquivo - Unicaja Banco | Fonte: UNICAJA BANCO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta