O comité de Alu Ibérica na Coruña culpa a Xunta e Goberno da situación e esixe "unha solución"

Miñones afirma que o Goberno está ao lado dos traballadores e insta á Xunta a non repartir "culpas".

Por E.P. | A CORUÑA | 25/11/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, esixiu ás administracións "unha solución" despois de que a Audiencia Nacional dese a súa autorización ao administrador xudicial da empresa para solicitar o concurso voluntario de acredores.

En rolda de prensa, Corbacho manifestou que no caso de que a administración non faga nada, pedirán "a dimisión" da ministra de Industria, Reyes Maroto e da de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira. Tamén sinalou á Xunta como "culpable" desta situación e dixo que non saben nada dos posibles investidores que a administración autonómica buscaba para a planta.

O presidente do comité cualificou a situación como "unha trama criminal" para desfacerse da planta e do sector. Manifestou non entender que estea a ocorrer isto cando logo teñen o apoio de todos os partidos políticos. "As administracións están a dar as costas a esta realidade", engadiu.

Corbacho tamén mostrou o malestar dos traballadores pola non convocatoria da mesa industrial. Sinalou que había "un compromiso" da ministra de Industria desde hai meses, pero que aínda están a esperar esa reunión. O representante do comité afirmou que o persoal leva "meses sen cobrar" e considerou que "isto non pode seguir pasando".

CONCENTRACIÓN O 10 DE DECEMBRO

Ante esta situación, o comité de empresa anunciou que o próximo 10 de decembro concentraranse ante a Delegación do Goberno en Galicia "para mostrar o enfado e pedir solucións" para a planta da Coruña. "Se somos un sector esencial, o Goberno ten que dar solucións", expuxo Corbacho.

Para o presidente do comité "o idóneo" sería a creación dun organismo público no que colaboren as administracións para "protexer o sector". Máis adiante deberíanse buscar esas solucións "no ámbito privado", considerou.

POSTURA DO GOBERNO

Mentres, preguntado pola situación na planta, o delegado do Goberno, José Miñones, remitiuse ao "compromiso" do Executivo central cos traballadores. Ademais, dixo que están "á beira dos traballadores e buscando a mellor solución, respectando todo o proceso".

"Desde o Goberno sempre se estivo traballando", dixo tamén en resposta ás demandas da Xunta e aludindo ás axudas ao sector electrointensivo. Ao Goberno galego, instoulle tamén a "non mirar para outro lado" e a non repartir "culpas" nesta cuestión. "Hai que buscar solucións e pór encima da mesa soluciones", apostilou.

Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press
Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta