A Xunta prevé vacinar coa dose de reforzo a todos os maiores de 60 anos antes do Nadal

En total, está previsto que a dose de reforzo chegue a medio millón de galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, concretou este xoves que a previsión do Executivo autonómico é que ao redor de medio millón de persoas integradas na colectivos diana reciban a dose de reforzo da vacina fronte á covid-19 antes de que finalice o ano. O obxectivo do Goberno galego é avanzar para acabar de administrar o fármaco de reforzo no grupo de 70 a 79 anos nos próximos días, a finais deste mes; e despois seguirase co grupo de 60 a 69 anos.

E antes de Nadal, segundo esgrimiu o presidente, vacinarase coa dose de reforzo a todos os maiores de 60 anos, así como a usuarios e traballadores de residencias, e aos profesionais sanitarios. "Ao redor de medio millón de persoas", calculou.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.   / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta