Liberada unha persoa que quedara apreixada no seu coche tras caer por un desnivel de 20 metros no Carballiño

O coche da persoa ferida, que tras ser liberada foi evacuada a un hospital, precipitouse por un desnivel duns 20 metros no Barón.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia liberaron a unha persoa que se atopaba atrapada no interior do seu vehículo despois de sufrir unha saída de vía e caer por un desnivel no Carballiño.

O suceso tivo lugar na estrada OU-504 ás 15,00 horas deste xoves, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O coche da persoa ferida, que tras ser liberada foi evacuada a un hospital, precipitouse por un desnivel duns 20 metros no Barón.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta