Galicia supera as previsións de Feijóo para esta semana e rexistra 500 novos contaxios de Covid

Os pacientes hospitalizados ascenden a 107 e a taxa de positividade é do 7,7%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/11/2021 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Galicia rexistra por segunda xornada consecutiva 500 novos contaxios diarios de Covid-19 e os casos activos elévanse a 3.970 --case 400 máis que o día anterior--, mentres que os pacientes hospitalizados ascenden a 107 --dous máis--. Isto supón 100 casos máis dos previstos por Feijóo e o seu equipo a pasada semana cando destacou que Galicia tería 400 casos diarios máis. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 7,7 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, aumentan a 13 os pacientes ingresados en UCI pola Covid en Galicia --un máis-- e a 94 os hospitalizados noutras unidades --un máis--, mentres 3.863 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en tres: Vigo, Ferrol e Pontevedra-O Salnés; alíviase nas da Coruña-Cee e Santiago-Barbanza, mentres que se mantén na de Ourense e na de Lugo, que segue con cinco pacientes Covid en unidades convencionais de hospitalización e mantense in ingresados en UCI.

Na área de Vigo mantéñense dous pacientes Covid en UCI, pero aumentan a 22 os ingresados noutras unidades --catro máis--; mentres que na de Ferrol segue un en críticos e soben a 13 os doutras unidades --dous máis--.

Tamén na de Pontevedra e O Salnés continúa un paciente Covid en UCI e aumentan a 10 os hospitalizados noutras unidades --dous máis--; e na de Ourense aínda que descenden a dous os ingresados en críticos --un menos-- e aumentan a 25 os que hai en planta --un máis--.

Por contra, na área da Coruña e Cee aumentan a catro os pacientes Covid en UCI --un máis-- e descenden a 14 os que hai noutras unidades --catro menos--, mentres que na de Santiago e Barbanza, aínda que se incrementan a tres os críticos --un máis--, baixan a cinco os ingresados en planta --catro menos--.

CASE 4.000 CONTAXIOS

Galicia roza os 4.000 casos activos de Covid tras rexistrar un novo ascenso por vixésimo sexta xornada consecutiva ata os 3.970, que constitúen 397 máis, ao haber máis contaxios (500) que altas (103). O venres pasado, 19 de novembro, había 1.975 infeccións, polo que Galicia rexistra 1.995 máis.

As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+149), seguida da de Ourense (+72), A Coruña e Cee (+54), Pontevedra e O Salnés (+44), Lugo (+37), Santiago e Barbanza (+29) e Ferrol (+12). Deste xeito, con máis casos colócase a de Vigo, con 1.067; seguida da de Ourense, con 1.008; A Coruña e Cee, con 587; Lugo, con 406; Santiago e Barbanza, con 357; Pontevedra e O Salnés, con 342; e á cola continúa á de Ferrol, con 203.

Transeúntes en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Transeúntes en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

OUTROS 500 CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 ascenden a 500 este venres, tras os 506 do xoves, despois de situarse en 378 o mércores, descender a 237 o martes e iniciar esta semana con 270. O venres anterior --19 de novembro-- houbo 295 e a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o luns 11 de outubro, cando houbo 14.

En canto á taxa de positividade das probas PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, descende lixeiramente ao 7,77 por cento tras aumentar ao 7,94% este xoves, situarse no 6,62% o mércores, nun 6% o martes e comezar esta semana co 7,94%. Por iso, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta