Coidado có uso de dispositivos intelixentes nas nosas casas

A protección fronte aos ciberataques nas webs e aos nosos dispositivos persoais é fundamental hoxe en día para protexer os teus datos persoais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/11/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Durante os últimos anos, as nosas casas volvíanse máis e máis intelixentes grazas a dispositivos coñecidos como IoT (Internet das cousas). Estes obxectos, como os robots de limpeza que son capaces de aprender a forma da túa casa ou os asistentes virtuais que son capaces de recoñecer a túa voz, permítennos realizar tarefas de forma sinxela, automática e, en moitos casos, conectándose a Internet.

Redes sociais, móbil, móbiles, teléfonos, Internet. JCCM - Arquivo
Redes sociais, móbil, móbiles, teléfonos, Internet. JCCM - Arquivo

Son moi útiles, pero có aumento do seu uso nos fogares tamén estan crecendo as ameazas de seguridade asociadas a eles: canto máis intelixente e máis funcións ten un dispositivo, máis risco pode haber de que haxa algún tipo de ataque, especialmente aqueles que proveñen de cibercriminais a través de Internet.

O próximo martes 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Ciberseguridade, e para que todo non seña malas noticias, Alejandro Ulises, profesor de ciberseguridade no Grao de 'Enseñería do Software' no centro Universitario U-tad, ofrécenos seis consellos cós que os usuarios podemos mellorar a nosa protección fronte a ciberataques se utilizamos estos dispositivos na casa.

CONSELLOS

En primeiro lugar, hai que evitar as contrasinais por defecto, xa que, moitos destes dispositivos veñen con contrasinais por defecto para facilitar o proceso de instalación. Posteriormente, nunca debes repetir contrasinais tanto nas webs como nos teus dispositivos persoais.

Outra forma de aumentar a seguridade é a través da compra de productos de marcas coñecidas, xa que, son máis seguros de base e teñen grandes equipos de seguridade. Actualizar os teus dispositivos é outro dos consellos que nos dá Ulises para mellorar a nosa protección xa que, erros de seguridade xorden con bastante frecuencia.

É por último, debemos usar os dispositivos en redes Wifi seguras e protexer o teu dispositivo de forma física, especialmente en calquera lugar que poida estar exposto e calquera persoa poida acceder a él. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta