Temas: PPDEG BNG

O BNG replica con humor en Twitter ao PP coa canción 'Carnaval, carnaval' de Georgie Dann

Twitter volveu ser escenario de intercambio de reproches entre 'populares' e nacionalistas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/11/2021 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Twitter volveu a ser escenario de intercambio entre populares e nacionalistas. Así, no marco dunha rolda de prensa este venres, a conta do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, tuiteou que "o BNG non pode seguir con este entroido ideolóxico" e que "os galegos teñen dereito a que Ana Pontón lles diga a verdade: está a traballar por chegar a unha República Independente Galega? Si ou non?".

O BNG replica con humor en Twitter a Miguel Tellado (PPdeG).
O BNG replica con humor en Twitter a Miguel Tellado (PPdeG).

A iso, respondeu a conta oficial do BNG no Parlamento de Galicia acudindo ao humor e achegando un pequeno fragmento do afamado tema 'Carnaval, carnaval' que cantaba o recentemente falecido Georgie Dann.

"O PPdeG e Feijóo, ás voltas co seu entroido", escribiu a conta do BNG no Parlamento, lugar no que Tellado anunciou que a súa formación levará unha iniciativa co obxectivo de obrigar a que o BNG aclare "se quere a independencia" e ao PSdeG "se comparte as súas teses".

Temas: PPDEG BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta