Mapa dos mercados ecolóxicos de Galicia

A cooperativa Maos elabora un mapa compilando mercados e feiras onde se venden produtos ecolóxicos de forma maioritaria ou teñen presenza destacada.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 23/03/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega ven de lanzar un mapa que compila os mercados e feiras onde se venden produtos ecolóxicos de forma maioritaria ou teñen unha presenza salientable.

Unha das edicións do mercado ecolóxico de Quilmas
Unha das edicións do mercado ecolóxico de Quilmas

Velaquí un listado:

Mercado de Lusco e Fusco:
Cando? Todos os martes á tarde.
Onde? No Parque de Belvís de Santiago de Compostela.
O que? Produtos ecolóxicos e artesanais.
Máis info: Páxina de Facebook
Parque de Belvís, Santiago de Compostela

Mercado de alimento labrego de Teo
Cando? Todos os sábados de mañá.
Onde? Na praza circular dos Tilos, Concello de Teo.
O que? Mercado de producto labrego, ecolóxico, sostible e de horta.

Mercado da Terra
Cando? Todos os martes á tarde.
Onde? Mercado Municipal de Lugo Quiroga Ballesteros 1(Nos baixos do Uxio Novoneira), Lugo (Galiza)
O que? Mercado ecolóxico de produtor@s locais.

Mercado da reserva da biosfera
Cando? Todos os sábados de mañá.
Onde? Na Praza de Abastos de Allariz (Praza do Matadoiro).
O que? Produtos ecolóxicos, de horta, elaborados e plantas de temporada recollidos ou transformados no territorio da Reserva da Biosfera "Área de Allariz".

Mercanatura
Cando? Segundo e cuarto sábado de cada mes.
Onde? Soportais da R/Alcalde Suárez Ferrín, entre os nº 13 e 16 (no barrio Os Rosales).
O que? Produtos ecolóxicos, naturais e artesanais.

Feira de Brión
Cando? Segundos e cuartos sábados de cada mes de mañá.
Onde? Na entrada do Centro Comercial Monte Balado.
O que? Hai postos con produtos ecolóxicos.
Máis info:  Blogue da feira
Centro Comercial Monte Balado, Brión

Ecomercado de Culleredo
Cando? Segundos domingos de mes
Onde? Na Avenida de Vilaboa, Culleredo.
O que? Espazo diferenciado con venda exclusiva de produtos ecolóxicos.

Mercado Ecolóxico Tradicional de Quilmas
Cando? Varios mercados de forma anual.
Onde? No Campo da Feira en Quilmas, Carnota.
O que? Produtos ecolóxicos, artesanía, cosmética e saúde natural, etc.

Feira Ecolóxica Terractiva
Cando? No último trimestre do ano.
Onde? No recinto feiral "Terra do queixo" de Arzúa.
O que? Produtos ecolóxicos, artesanía, cosmética natural, etc.

Mercado ecolóxico e artesanal de Bueu
Cando? Unha vez ao ano.
Onde? Praza Massó, Bueu.
O que? Produtos ecolóxicos e artesáns, obradoiros e xantar ecolóxico.

Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana
Cando? Dúas feiras ao ano normalmente en primavera e outono.
Onde? Na eira da xoana en Ramil concello de Agolada.
O que? Feiras de produtos locais, ecolóxicos e artesanía.

Mercados de produtos ecolóxicos e de temporada
Cando? Un por estación do ano.
Onde? Praza das Rodrigas, Riotorto (Lugo).
O que? Produtos ecolóxicos e naturais.

Feira. Mercado de Produtos Tradicionais Galegos
Cando? Todos os primeiros sábados de cada mes.
Onde? Barrio Alto da zona vella de Vigo .

Mapa de mercados ecolóxicos de Galicia
Mapa de mercados ecolóxicos de Galicia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta