Falece un home que fora diagnosticado de coronavirus, a cuarta vítima esta semana

A vítima, de 86 anos, padecía patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2021 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comunicou este venres unha nova vítima con coronavirus en Galicia. Desde o comezo da pandemia, os falecidos na comunidade galega elévanse a 2.666.

En concreto, trátase dun home de 86 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Contaba con patoloxías previas.

Esta é a cuarta vítima en Galicia comunicada esta semana polo Goberno autonómico. Os outros tres óbitos foron: unha muller de 72 anos --falecida en Povisa--; un home de 84 anos --tamén en Povisa-- e unha muller de 79 anos --veciña en Fene da muller de 58 anos que morreu no seu domicilio o 12 de novembro sen vacinar--.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.   / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta