As columnas galegas da dignidade toman Madrid nunha xornada histórica

Miles de galegos participan nunha marea de 2,5 millóns, segundo a organización das marchas. VÍDEO e FOTOS. Dous xornalistas de GC, identificados pola Policía.

Por Alberto Quian | Madrid | 22/03/2014 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Miles de galegos marcharon hoxe por Madrid canda centos de miles de cidadáns de todo o Estado nas Marchas da Dignidade. Segundo os organizadores, foron 2,5 millóns de persoas as que participaron nesta masiva manifestación "contra a ditadura dos mercados" e polo dereito a "pan, teito e traballo".

Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova
Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova | Fonte: Miguel Núñez

Sobre a unha da tarde chegaban á capital de España centos de galegos en autobuses, trens e coches particulares. A columna galega concentrouse primeiro en Praza Castilla, no norte de Madrid, dende onde se dirixiron cara a estación de Atocha, lugar de reunión de todas as columnas chegadas de todo o Estado.

A columna galega foi escoltada pola Castellana por un pequeno grupo de policías locais que os dirixiron por unha marxe desta arteria madrileña e no que se atopa o centro financeiro do Estado. A música galega marcou o paso dos manifestantes nun ambiente festeiro e á vez reivindicativo, ao seu paso por símbolos da Vila de Madrid, como as torres Kio ou o estadio Santiago Bernabeu, por onde soou a Rianxeira. Algúns veciños madrileños se asomaron a fiestras, balcóns e portais para aplaudir e apoiar aos galegos.

A Plataforma Galega da Marcha da Dignidade estivo integrada por sindicatos minoritarios, Stop Desafiuzamentos, diferentes grupos políticos —entre eles a Fronte Popular Galega, Anova, EU e Espazo Ecosocialista, o movemento 15M, así como distintas asociacións veciñais—. Alí estaban, por exemplo, Yolanda Díaz (EU), Martiño Noriega (Anova), Manolo Camaño (CUT) ou Mariano Abalo (FPG).

O obxectivo, comentaron os manifestantes, é "unir forzas de esquerdas" en protesta contra as "políticas da troika" e a "ditadura dos mercados".

Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade
Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez

A masiva manifestación comezou ás cinco da tarde, cun paso lento debido á morea de cidadáns que apoiaron e participaron nesta xornada de reivindicación e castigo ás políticas de recortes do Goberno español. Bandeiras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Castela e León, Asturias, Comunitat Valenciana, Aragón... mesturáronse coa tricolor republicana e algunhas dos sindicatos non maioritarios (nin UGT nin CCOO nin CIG tiveron protagonismo nesta marea, malia que si había sindicalistas destas organizacións que se descolgaron dos posicionamentos oficiais e se vincularon a título persoal con esta manifestación, xa histórica aínda que acalada por moitos medios dominantes). Foron miles de bandeiras, pancartas e carteis que debuxaron un enorme mosaico de cores e xentes de distintas culturas, idades e condicións.Todas as linguas do Estado estiveron en Madrid cun mesmo berro, o da indignación.

Forte dispositivo policial

O Goberno activou un forte e desmesurado dispositivo policial, con 1.700 axentes ao longo do percorrido e que blindaron o Parlamento español e a sede do PP na rúa Génova, a poucos metros do final da manifestación, na Praza de Colón. En Génova pediuse a dimisión do equipo de Goberno e recriminouse aos antidisturbios a protección que co diñeiro público se lle presta a "uns mafiosos", berraban os manifestantes, que eran gravados con cámaras de vídeo por axentes da Policía Nacional.

A escritora Xina Vega foi a encargada de ler na Praza de Colón o manifesto galego da Marcha da Dignidade, canda outros compañeiros e representantes das distintas autonomías do Estado.

Por outro lado, os municipios da periferia madrileña foron esta mañá testemuñas de excepción da última etapa das diferentes columnas da Marcha pola Dignidade.

Algunhas columnas denunciaron en comunicado de prensa que "a Garda Civil está a reter sistematicamente os autobuses que se aproximan a Madrid" e que até o momento eran xa "cen os autocares que sufriron retencións", o que podería xerar atrasos no comezo da protesta.

"Espero que esta tarde sexamos máis dun millón de persoas", vaticinaban algúns dos participantes. "É unha protesta horizontal que representa todas as loitas que se levaron a cabo durante os últimos anos", sinalaban.

Identificación de xornalistas

Sobre as 21.30 horas comezaron a chegar á estación de Chamartín parte dos manifestantes galegos. O tren tiña previsto saír ás 22.45 horas. Poucos minutos antes, seis axentes da Policía Nacional se persoaron na plataforma desde a que ían saír os galegos e alí identificaron e intimidaron a dous xornalistas de GC, que estaban cubrindo o regreso da columna galega e tomando fotos dos manifestantes nas que tamén aparecían os policías presentes no andén.

Ademais, algúns dos participantes na marcha denunciaron a este xornal previamente que os policías lles estaban obrigando a pregar ou gardar bandeiras e outros símbolos galegos nesta estación de trens.

Imaxes da Marcha da Dignidade

Fotogalería I 

Fotogalería II

Autor: Miguel Núñez

E este é o avance duha reportaxe audiovisual para o GC:

Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid
Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados | Fonte: Miguel Núñez
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez
Chegada a Chamartín da columna galega
Chegada a Chamartín da columna galega | Fonte: Miguel Núñez
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo | Fonte: Miguel Núñez
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana | Fonte: Miguel Núñez
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 78 comentarios

20 Cachán

Fosen 36.000 ou mais de 50.000 ¿serviu para algo a marcha? ¿Alguén pode dicir en serio que pode influir no mais mínimo na política de Rajoy, aínda que non sexa en deixar de pagar a débeda como pedían os que onte desfilaron por Madrid?

19 Lanueva

A mani de onte en Madrid contra a UPG foi un éxito http://www.laopinioncoruna.es/galic...

18 Manuc

Os de CCOO-AGE en Madrid en vez de apoiar a folga en POVISA... Os de Izquierda Unida protestaban contra o PP co que gobernan Extremadura, Oviedo...

17 AGETAS

Despois da derradeira pallasada de Anova (sector agetes) en Madrid.... Los críticos dan por ´muerta´ Anova La decisión de integrase en IU ha abierto una brecha difícil de cerrar, tanto que los críticos con la decisión dan por "muerta" a Anova, pues entienden que "está FUERA DEL CAMPO NACIONALISTA" y que sus nuevos dirigentes, están "ENTREGADOS SIN PUDOR A IU" . Los críticos han organizado ya asambleas en las que reflexionan sobre los próximos pasos a seguir y la de Anova del Val Miñor, precisamente donde nació el proyecto de Beiras, es una de las más activas y más combativas con la actual dirección. Su líder, el exregidor de Gondomar Antonio Araúxo, fue el primer coordinador nacional de Anova y está dispuesto a apostar por otro proyecto político. Antes darán la batalla y desafían a su líder, al presentar a Luis Eyré como candidato para las elecciones europeas, cuando Beiras ya apostó públicamente por la cuestionada Lidia Senra.

1 Un vello galeguista

Por que non eixamos que sexan os críticos de ANOVA quen digan o que van facer? Non os deixamos moi ben dando a impresión de que non se atreven a dar a cara Ou resulta que es ti "AGETAS", con A ou sen ela, o que quere meter cizaña?

16 Un canto a Galicia Jei

Columna galega? Na prensa e nas redes sociais falaban de "la columna del Noroeste" (Noroeste de España, suponse).

1 Alberto Quian

Pois non é así, os galegos foron a Madrid pola súa conta organizados en trens e autobuses e concentráronse na Praza Castilla para marchar xuntos cara Atocha, onde se xuntaron co resto de manifestantes. Hai que ler mellor as noticias e mirar mellor as fotos.