As columnas galegas da dignidade toman Madrid nunha xornada histórica

Miles de galegos participan nunha marea de 2,5 millóns, segundo a organización das marchas. VÍDEO e FOTOS. Dous xornalistas de GC, identificados pola Policía.

Por Alberto Quian | Madrid | 22/03/2014 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Miles de galegos marcharon hoxe por Madrid canda centos de miles de cidadáns de todo o Estado nas Marchas da Dignidade. Segundo os organizadores, foron 2,5 millóns de persoas as que participaron nesta masiva manifestación "contra a ditadura dos mercados" e polo dereito a "pan, teito e traballo".

Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova
Un forte dispositivo policial para blindar a sede do PP na rúa Génova | Fonte: Miguel Núñez

Sobre a unha da tarde chegaban á capital de España centos de galegos en autobuses, trens e coches particulares. A columna galega concentrouse primeiro en Praza Castilla, no norte de Madrid, dende onde se dirixiron cara a estación de Atocha, lugar de reunión de todas as columnas chegadas de todo o Estado.

A columna galega foi escoltada pola Castellana por un pequeno grupo de policías locais que os dirixiron por unha marxe desta arteria madrileña e no que se atopa o centro financeiro do Estado. A música galega marcou o paso dos manifestantes nun ambiente festeiro e á vez reivindicativo, ao seu paso por símbolos da Vila de Madrid, como as torres Kio ou o estadio Santiago Bernabeu, por onde soou a Rianxeira. Algúns veciños madrileños se asomaron a fiestras, balcóns e portais para aplaudir e apoiar aos galegos.

A Plataforma Galega da Marcha da Dignidade estivo integrada por sindicatos minoritarios, Stop Desafiuzamentos, diferentes grupos políticos —entre eles a Fronte Popular Galega, Anova, EU e Espazo Ecosocialista, o movemento 15M, así como distintas asociacións veciñais—. Alí estaban, por exemplo, Yolanda Díaz (EU), Martiño Noriega (Anova), Manolo Camaño (CUT) ou Mariano Abalo (FPG).

O obxectivo, comentaron os manifestantes, é "unir forzas de esquerdas" en protesta contra as "políticas da troika" e a "ditadura dos mercados".

Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade
Veciños de Madrid aplauden desde un balcón na zona de Praza Castilla á columna galega que participou na Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez

A masiva manifestación comezou ás cinco da tarde, cun paso lento debido á morea de cidadáns que apoiaron e participaron nesta xornada de reivindicación e castigo ás políticas de recortes do Goberno español. Bandeiras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Castela e León, Asturias, Comunitat Valenciana, Aragón... mesturáronse coa tricolor republicana e algunhas dos sindicatos non maioritarios (nin UGT nin CCOO nin CIG tiveron protagonismo nesta marea, malia que si había sindicalistas destas organizacións que se descolgaron dos posicionamentos oficiais e se vincularon a título persoal con esta manifestación, xa histórica aínda que acalada por moitos medios dominantes). Foron miles de bandeiras, pancartas e carteis que debuxaron un enorme mosaico de cores e xentes de distintas culturas, idades e condicións.Todas as linguas do Estado estiveron en Madrid cun mesmo berro, o da indignación.

Forte dispositivo policial

O Goberno activou un forte e desmesurado dispositivo policial, con 1.700 axentes ao longo do percorrido e que blindaron o Parlamento español e a sede do PP na rúa Génova, a poucos metros do final da manifestación, na Praza de Colón. En Génova pediuse a dimisión do equipo de Goberno e recriminouse aos antidisturbios a protección que co diñeiro público se lle presta a "uns mafiosos", berraban os manifestantes, que eran gravados con cámaras de vídeo por axentes da Policía Nacional.

A escritora Xina Vega foi a encargada de ler na Praza de Colón o manifesto galego da Marcha da Dignidade, canda outros compañeiros e representantes das distintas autonomías do Estado.

Por outro lado, os municipios da periferia madrileña foron esta mañá testemuñas de excepción da última etapa das diferentes columnas da Marcha pola Dignidade.

Algunhas columnas denunciaron en comunicado de prensa que "a Garda Civil está a reter sistematicamente os autobuses que se aproximan a Madrid" e que até o momento eran xa "cen os autocares que sufriron retencións", o que podería xerar atrasos no comezo da protesta.

"Espero que esta tarde sexamos máis dun millón de persoas", vaticinaban algúns dos participantes. "É unha protesta horizontal que representa todas as loitas que se levaron a cabo durante os últimos anos", sinalaban.

Identificación de xornalistas

Sobre as 21.30 horas comezaron a chegar á estación de Chamartín parte dos manifestantes galegos. O tren tiña previsto saír ás 22.45 horas. Poucos minutos antes, seis axentes da Policía Nacional se persoaron na plataforma desde a que ían saír os galegos e alí identificaron e intimidaron a dous xornalistas de GC, que estaban cubrindo o regreso da columna galega e tomando fotos dos manifestantes nas que tamén aparecían os policías presentes no andén.

Ademais, algúns dos participantes na marcha denunciaron a este xornal previamente que os policías lles estaban obrigando a pregar ou gardar bandeiras e outros símbolos galegos nesta estación de trens.

Imaxes da Marcha da Dignidade

Fotogalería I 

Fotogalería II

Autor: Miguel Núñez

E este é o avance duha reportaxe audiovisual para o GC:

Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid
Martiño Noriega (Anova), Iolanda Díaz (EU) e Mariano Abalo (FPG), na Marcha da Dignidade en Madrid | Fonte: Miguel Núñez
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados
Representación galega na marea que percorreu Madrid contra a ditadura dos mercados | Fonte: Miguel Núñez
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade
Miles de bandeiras deron cor á Marcha da Dignidade | Fonte: Miguel Núñez
Chegada a Chamartín da columna galega
Chegada a Chamartín da columna galega | Fonte: Miguel Núñez
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo
Bandeiras galegas coas torres Kio de fondo | Fonte: Miguel Núñez
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana | Fonte: Miguel Núñez
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu
Manifestantes galegos pasan diante do Bernabeu | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 78 comentarios

15 Paco a Madrid

A Madrid o unico que ten dereito a ir è Paco Rodriguez e de deputado,para amigarse con Zapatero nos anos que botou ali. Asi deber ser porque conta co apoio dos obedientes e disciplinados pitufos militantes da UPG

14 GZemP

https://www.facebook.com/photo.php?...

1 Comunista

GzemP = Paletismo nazi-esencialista risquiano.

2 as cousas como som

E quem é Comunista se nom membro do partido artífice dos patos da Moncloa?

3 Outro comunista

Concordo: paletismo galegueiro pseudo-identitarista con principio e final en facebook.

13 Vailles a marcha

Uns trens parten de Galiza cheos de ovellas cara a emigración e outros trens cargados de ovellas parten de Galiza cara a cibdade castelán de Madrid. A dignidade parte de un mesmo, dignidade que tanto os de Lacayo Lara coma os do Mesias sabotean incidindo na falla de autoestima e auto odio co de "non sodes capaces por vós mesmos" e "teñen que vir os expañoles a dirixir". Se agroma a movilización popular que está polo chan, pois ben, mais non engañarse, todo é una burda tentativa de reconstruir a pseudo esquerda sistémica española, desprestixiada ao máximo. Os IU, Podemos (yes, you can) de fiki mediatico clasista das ghreñas e PSOEZ.

12 Seixo

Como lles fode ós trollciños pseudogalegueiros que a mani fora un éxito sen precedentes, internacionalista, de clase e que Galicia estivera presente. Supoño que eles non votarán por partidos que manden deputados a Madrid. Coitados, dades pena.

11 AGEnciadecolocasao

Morre un do PP delegado de Comisiones AGEras. Fontán Outón foi un home sempre vinculado ao movemento sindical e político. Desde o seu traballo como tornero en Talleres Pazó de Pontevedra tivo unha activa militancia en Comisións Obreiras (CC OO), sendo durante moitos delegado sindical nesta empresa, na que se xubilou. Edil independente No ámbito da política, aos 38 anos de idade accedeu á corporación municipal de Barro como concelleiro independente, cargo que mantería ata 1983. No ano 1995 afiliouse ao Partido Popular da man de José Antonio Landín, con quen regresaría a ocupar un escano da corporación municipal. Foi o primeiro tenente de alcalde de Barro desde o ano 1999.