O alumnado de 5º e 6º de primaria celebra a Semana do Parlamento

Arrinca este mesmo luns a través dunha serie de actividades en 52 centros escolares participantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Ao redor de 6.000 alumnos que cursan 5º e 6º de Primaria no medio cento de centros educativos públicos de toda Galicia participarán, a partir deste luns 29 de novembro, na Semana do Parlamento na Escola.

A actividade, informa o Parlamento de Galicia nun comunicado, pretende "dar a coñecer a institución e a actividade parlamentaria entre o estudantado galego, divulgar o contexto histórico no que arrincou a autonomía galega, espertar a curiosidade da mocidade pola vida parlamentaria e convidar os participantes a reflexionar sobre a importancia da palabra e o diálogo como bases da convivencia, da solidariedade e dos valores democráticos".

As xornadas celébranse antes da conmemoración do 40 aniversario da Cámara galega, constituída o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez.

Cada un dos 51 centros participantes recibirán material impreso elaborado especificamente con esta finalidade, un libro titulado 'Unha aventura exemplar', do escritor Xosé A. Perozo e ilustrado por Evaristo Pereira; unha Guía do Profesorado, con orientacións e propostas para que os profesores poidan traballar na aula; e un cartel co que dar visibilidade á iniciativa.

Destacan ademais que a Semana do Parlamento na Escola foi deseñada para poder ser levada a cabo "sen dificultar o curso normal do programa escolar", xa que pode realizarse de forma transversal "sen necesidade de circunscribila a unha área de coñecemento concreto". As actividades concluirán o venres 3 de decembro coa celebración no CEIP de Ventín, en Ames, do Día do Parlamento na Escola.

Parte do material de apoio que recibirán os centros participantes. PARLAMENTO DE GALICIA
Parte do material de apoio que recibirán os centros participantes. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta