A Xunta galardoa cos premios fin de carreira a seis titulados dos ensinos artísticos superiores

Estes premios instauráronse por primeira vez o pasado ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia galardoa cos premios fin de carreira para o alumnado de ensinos artísticos superiores de Música, Deseño, Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais en centros públicos de Galicia a seis estudantes que terminaron os seus estudos nestas modalidades o curso 2019/20, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Na modalidade de Música, resultaron galardoados Pablo Branco Cordeiro e Goele Deckers, ambos do Conservatorio Superior de Música de Vigo; na modalidade de Deseño os premios son para Tania López López, da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Mestre Mateo de Santiago de Compostela, e Andrea Permuy Fernández, da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

Na modalidade de Arte Dramática o premio foi para Amparo Rodríguez de Dios, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, en Vigo; e na modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais a galardoada é Águeda Paz Pombar, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, en Pontevedra.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade instaurou estes premios por primeira vez o pasado ano, co fin de que os alumnos destes ensinos artísticos superiores estean en igualdade de condicións e de oportunidades que os titulados universitarios, que xa contan con galardóns desde tipo desde hai anos".

Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. FONTE. ESAD.
Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. FONTE. ESAD.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta