Estudantes de 14 a 16 anos aprenden a voar grazas a un simulador

O parque Tecnolóxico de Galicia pretende impulsar as carreiras de ámbito científico.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, acolle dende finais de outubro a primeira Aula Newton de España con carácter permanente. Trátase dunha aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enseñaría e matemáticas có obxectivo de promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre os máis xóvenes cun enfoque práctico.

Alumnas participando na Aula Newton de Tecnópole
Alumnas participando na Aula Newton de Tecnópole | Fonte: Tecnópole

A Aula Newton arrincaba a finais de outubro coa experiencia "Volamos con números: una aventura aérea", cuxas prazas cubríronse ás poucas horas do seu lanzamento ata finais de xaneiro. Agora ábrese de novo o prazo para os meses de febreiro ata mediados de xuño, o que supón un total de 18 sesións máis.

Neste módulo, os estudantes reciben unha misión do Centro de Coordinación de Salvamento Conxunto. Deberán asistir na observación de diversas ubicacións na rexión de Bodo (Noruega) para axudar a establecer as prioridades das misións de rescate.

O alumnado planificará os seus propios voos, e prepáranse para isto realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tempo, determinando o rumbo correcto, e chegando a dominar a navegación.Traballarán en parexas ou tripulación, e deberán cumprir a súa misión realizando un voo nos simuladores de voo avanzados dos que dispón a Aula.

Os centros educativos de toda Galicia poden inscribirse nesta actividade da Aula Newton Galicia a través desta páxina web. Esta innovadora experiencia formativa diríxese aos estudantes de 3º e 4º da ESO, con grupos entre os 18 e 36 alumnos. As actividades son gratuítas e lévanse a cabo os venres dende ás 10 ata ás dúas e media.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta