Vivenda sostible: Galicia reforma máis e constrúe menos

Así o acreditan os datos do IGE relativos ao pasado verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

As licenzas concedidas para a construción edificios de nova planta foron 150 en agosto en Galicia, o que supón un 10% menos que un ano antes, segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE). Estas licenzas permitirán construír 145 novas vivendas, o que se traduce nun 28% menos que un ano antes, no que se concederon permisos para 202.

Se a comparativa se fai con xullo, o descenso é aínda maior, posto que nese mes de 197 licenzas para edificios de nova planta e 356 para vivenda a estrear. No tocante á rehabilitación, aumenta o número de edificios (pasan de 115 a 129) na comparativa interanual, pero redúcense as vivendas a arranxar (baixan de 32 a 26). Respecto das demolicións, houbo 20 de edificios (dous máis que hai un ano) e 17 de vivendas (tres menos), segundo estas cifras do IGE.

Edificio en construción . Marta Fernández - Europa Press - Arquivo
Edificio en construción . Marta Fernández - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta