Sanidade retira a Madrid, Canarias e Murcia do rexistro obrigatorio de viaxeiros

Mantéñense oito comunidades autónomas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade retira a Madrid, Canarias e Murcia do rexistro obrigatorio de viaxeiros que teñen que comunicar a súa chegada a Galicia nun prazo máximo de 24 horas debido á normativa pola pandemia da Covid-19, no que se manteñen oito comunidades autónomas: Aragón, A Rioxa, Baleares, Cataluña, Castela e León, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco.

Ademais, segundo esta listaxe de territorios que actualiza con carácter quincenal o Diario Oficial de Galicia (DOG), mantense case toda Europa, salvo Italia, Suecia, Malta e Vaticano --estes dous últimos xa estaba hai 15 días excluídos--.

Tamén se inclúen todos os países do continente africano e de América figuran os territorios de Anguía, Barbados, Belice, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, Honduras, Illas Caimán, Islas Turcas e Caicos, Chile, Estados Unidos, Malvinas, Nicaragua, O Salvador, Paraguay, Venezuela, Haití, San Kitts e Nevis, San Vicente e Granadina, Surinam, Trinidad e Tobago e Xamaica.

Ademais, a Consellería de Sanidade establece a obrigatoriedade de comunicar a procedencia aos cidadáns que cheguen de todos os países e territorios de Asia excepto Bahrein, China, Irán, Israel, Xapón, Kuwait, Omán, Qatar, Arabia Saudita, Corea do Sur, Taiwan, Timor Leste e Emiratos Árabes.

A eles súmanse os países e territorios de Oceanía como Guam e Nova Caledonia, mentres que sae Australia da listaxe de territorios establecido por Sanidade.

Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia en Galicia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.

A Xunta lembra que esta resolución, que entrará en vigor este mércores, 1 de decembro, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Arquivo - O cruceiro ?Viking Sky? arriba ao peirao de Transatlánticos do porto da Coruña.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - O cruceiro ?Viking Sky? arriba ao peirao de Transatlánticos do porto da Coruña.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manuela

por qué Madrid