A acusada de roubar 129.000€ dunha comunidade de veciños de Culleredo nega os feitos

Asegura que a denuncia veu motivada polos "problemas persoais" que mantiña cunha das veciñas da comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

Unha administradora de Culleredo acusada de desviar diñeiro da comunidade que xestionaba ás súas contas, negou os feitos e alegou problemas cunha das veciñas durante o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña. Segundo recolle o escrito da Fiscalía, a procesada "dispuxo de talonarios de cheques asociados ás mencionadas contas das que era autorizada", e que en data non determinada entre 2006 e novembro de 2014, "veu desviando cantidades procedentes das indicadas contas". En concreto, cífrase a contía en máis de 129.000 euros.

A muller afirmou na súa declaración que "non" quedou con diñeiro, e achacou a esta acusación a unha das veciñas coa que tiña "problemas persoais". Segundo explicou, xa foi a xuízo por outras cuestións coa devandita muller. "É ela a que monta esta historia", engadiu. Sobre os talóns, a procesada explicou que utilizaban este método para aforrarse as comisións bancarias, e que daba cheques ao portador por petición dalgunhas persoas que realizaban traballos á comunidade. Sobre a falta dalgúns documentos, alegou que non puido acceder a eles porque o seu exmarido cambiou as claves do seu computador.

DESTITUCIÓN

Pola súa banda, a veciña explicou o motivo da destitución da administradora, que foi que "non cadraban as contas". Na súa declaración a muller expuxo que "había movementos que non sabiamos de que era". A muller tamén manifestou que a administradora "non respondía" e "non" sabían "como pagaba". Cando foron a pedirlle explicacións, a acusada "non abría" e non deixou á comunidade "facturas nin libros de contas", engadiu.

Xulgados do Penal da Coruña.
Xulgados do Penal da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta