Corte de tráfico entre Pontevedra e Marín por traballadores de ENCE durante máis dunha hora

Na protesta reclamaron a conservación dos postos de traballo no caso de que o Tribunal Supremo confirme a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga concedida en 2016 para ocupar os terreos de dominio público de Lourizán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Preto dun centenar de traballadores da fábrica de Ence en Lourizán cortaron o tráfico entre Pontevedra e Marín nunha mobilización convocada polo comité de empresa da fábrica, apoiada polo tres sindicatos CIG, UGT e CC.OO.

É a segunda ocasión na que plantan lume a pneumáticos para formar barreiras coas que interrompen o paso nas dúas estradas que comunican coa factoría. Os cortes de tráfico realizados durante esta protesta provocaron importantes atascos na contorna da rúa Manuel de Palacio en Pontevedra e nos accesos á PO-12 na zona de Marín.

Pablo Bacariza, secretario do comité de empresa da fábrica, insistía en reclamar aos que consideran responsables da situación, dirección da empresa, Goberno central e Xunta de Galicia, unha solución para que continúe a actividade industrial que permita dar continuidade aos empregos actuais.

Na protesta reclamaron a conservación dos postos de traballo no caso de que o Tribunal Supremo confirme a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga concedida en 2016 para ocupar os terreos de dominio público de Lourizán.

A última comunicación que mantiveron desde o comité coa dirección da empresa produciuse antes da anterior protesta, o 29 de outubro. Naquela ocasión, os máximos responsables de Ence mantiñan a súa postura: se non se pode quedar aquí, pecha.

Traballadores de Ence protestan durante o acto da lectura do pregón das Festas da Peregrina, en Pontevedra
Traballadores de Ence protestan durante o acto da lectura do pregón das Festas da Peregrina, en Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta