Despiden a 500 profesores de galego tras unha sanción a Educación

"Trátase dun acto vengativo de despedimento masivo totalmente arbitrario, que non ten máis xustificación que a falta de decencia e a prepotencia política", denuncia o STEG. A CUT e a CNT súmanse as súas denuncias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/03/2014 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Preto de 500 profesores do progrma Celga de cursos en lingua galega serán despedidos. Un despido que chega, curiosamente, logo de que os servizos de Inspección do Traballo sancionasen á Consellería de Educación.

Exame do curso de galego do Celga
Exame do curso de galego do Celga | Fonte: Xunta

Así o denuncia o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), que tamén respaldan a CUT e a CNT, e que califica esta medida como un acto "vengativo" por parte da Xunta. Nun comunicado, esta entidade critica que estes profesores foron despedidos logo de que a Consellería de Eudación recibira unha sanción de Inspección de Traballo da Coruña e de Ourense  por "non recoñecer a relación contractual entre a Administración e as persoas que impartían os cursos de galego Celga e non inscribilas na Seguridade Social".

"En resposta a esa lóxica e xusta resolución, a Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta decidiu prescindir da totalidade das persoas que viñan prestando os seus servizos como docentes dos cursos Celga", destaca o sindicato.

"Despedimento masivo arbitrario"

Por iso, expresa a súa "rotunda condena" á postura da Xunta, por considerar que "constitúe unha descarada negativa a acatar e cumprir a lexislación laboral e a respectar os dereitos laborais que as resolucións de Inspección de Traballo". "Trátase dun acto vengativo de despedimento masivo totalmente arbitrario, que non ten máis xustificación que a falta de decencia e a prepotencia política", engade.

A partir de agora, a Xunta decidiu "ofrecer eses cursos ao profesorado de lingua galega que exerce nos centros educativos de secundaria, coa consideración de 'horas extras' e unha remuneración económica de ao redor de 2.500 euros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 CELGADO

Por certo concentración hoxe en favor desta profesorado pola maña diante de Dinamización lingüística Sego dicindo neste barco estamos Tod@s

6 CELGADO

Un pouco tarde esta nova, estades faltos de reflexos lembro que isto xa o denunciou outro sindicato hai 2 semanas, e xa está promovendo as accións para denincialo; supoño que sectarios son sempre os outros. Neste barco estamos tod@s. Ligazón da denuncia na páxina : http://www.cig-ensino.com/novas/17-... Ligazón da páxina da denuncia

5 eusi

Tranquilos, companheiros que sufrides estes despedimentos, xa resta menos para botar a patadas a este fato de mangantes corruPPtos. PP ao PParo.

4 Yomismo

El verdadero problema reside en la propia existencia de los cursos CELGA; dichos cursos sólo tienen razón de ser desde la creación de un estado de galego – necesidade totalmente artificial. El desarrollo de la Ley de Anormalización Lingüística tiene estas cosas. Para la administración sería mucho más barato establecer un mínimo competencial únicamente para los funcionarios de atención en ventanilla, de modo que se pudiese garantizar la atención en lengua gallega para quien así lo solicitase. En el acceso a la función pública en la que no fuese necesaria esa atención, el gallego sólo sería un mérito, nunca un requisito (TODOS los gallegos entienden el español); además no veo por qué un asturiano, uno de León o un gallego cuya lengua propia fuera el español, tienen que aprender el idioma regional para trabajar en Galicia como celador o como conductor, por poner un par de ejemplos. El problema es esa Ley.

1 capagrilos

POEMA DO ALLEADO Son un bilingüista moi apaixoado, un colonialista ben colonizado. Teño lingua nai, i unha lingua pai i unha lingua filla que marabilla. Son un alleado fino e progresista ben domesticado. ¡Son un castrapista como está mandado!

2 Yomismo

Pues ajora te voy cantar yo una muy bonitiña: “…olitas vienen, olitas vienen, olitas vienen y van. No te vayas rianjera, que te vas a marear…” Y ahí te va otra: “…. Si las coniñas volaran, si las coniñas volaran como volan los pajáros. Estaría el ceo cheo, estaría el ceo cheo, estaría el ceo cheo de cabezas de carallos. (La música de esta última estrofiña es la de: Ay alalá alalá, ay alalá alalá, escomencemos la panderada escomencemos el baile ya).

3 David

Yomismo, non vou perder o tempo explicándoche nada. Vive así que é cousa túa. Agora ben, vouche poñer un exemplo moi fácil para que o entendas, aínda que os teus prexuízos probabelmente nunca che deixen contestar con honestidade. Imaxina que esta colonia en que vivimos é Francia no ano 2300. Imaxina que a emigración fixese, paseniñamente, que outras linguas diferentes do francés (incluído o inglés, por que non?) lle comesen o terreo até deixala como lingua do 56,4% da poboación. Tamén che parecería que a Administración francesa debería considerar o francés como un mérito só porque a deriva histórica e a política do 'vaifacendo' a deixase nunha situación precaria e ameazada, mais sendo lingua da maioría?

4 David

PD: Xa sei a túa resposta porque xa sei como pensas porque a túa personalidade sae nos libros. Tamén sei que os teus estades esperando a que esa cifra (que é ÚNICA de falantes habituais de galego que reflicten os estudos estatísticos) fique por baixo do 50% (que ha pasar, e máis pronto que tarde) para vos aplicardes furibundamente na eliminación deste simpático dialecto de paifocos. Porén, esa vida triste e acomplexada é a que vos corresponde a outros vivir. Saúde e que se non vos atragoe.

3 martingon

Seguro que muitos deles a algun familiar votarán ao PP. Eche o que hai.