As termas de Ourense seguen pechadas malia alcanzar a data marcada por Pérez Jácome para a súa reapertura

O rexedor chegou dicir que "si ou si" abrirían o 1 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 01/12/2021 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, comprometeuse o pasado 14 de outubro a reabrir as termas municipais o 1 de decembro "si ou si", unha data límite que non se cumpriu dado que as instalacións continúan pechadas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

O propio rexedor desprazouse durante a xornada xunto con enxeñeiros do equipo de persoal eventual da Alcaldía ás diferentes termas da cidade para, segundo explicou, comprobar "o grao de cumprimento" da orde que deu a mediados de outubro.

"As instrucións dadas non se cumpriron", lamentou, para advertir de que se valorará "a situación actual e as medidas que tomará" respecto diso. Deste xeito fixo saber que manterá unha reunión cos enxeñeiros, que continúan visitando as diferentes instalacións termais, para adoptar unha decisión este mesmo xoves.

As termas permanecen pechadas desde marzo de 2020, primeiro por mor da pandemia e despois pola nova lei de aproveitamento de augas lúdicas da Xunta de Galicia, unha situación que Pérez Jácome comprometeuse a solucionar prometendo "baixar á area" para que reabrisen o 1 de decembro, "dous días antes do aceso da iluminación do Nadal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta