Cogami pide medidas para avanzar na protección de dereitos das persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade apunta aos avances realizados neste ano pero sinala que ocolectivo se atopa aínda con "dificultades" para desenvolver os seus proxectos de vida.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/12/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) reivindicou medidas para lograr "igualdade de oportunidades" e lograr "dereitos que, a día de hoxe, non se conseguiron", sinala nun comunicado.

Faino con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e para destacar decisións como a reforma e actualización do artigo 49 da Constitución Española, de maio deste ano, sobre a protección e promoción dos dereitos das persoas con discapacidade.

"Esta reforma na Constitución supón un avance e agora, quedan outros pasos que avanzar", advirte no seu comunicado. Nel, o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, asegura que este colectivo se atopa aínda con "dificultades" no desenvolvemento dos seus proxectos de vida. "Carecemos de igualdade de oportunidades, vivimos con discriminación causada por prexuízos sociais e falta de información", explica.

Entre outros ámbitos, Cogami pide melloras en ámbitos como o emprego, a muller, a infancia e mocidade, a educación ou a accesibilidade, alertando, entre outras cuestións, das dificultades de acceso ao mercado laboral ou a "discriminación" dos menores. "Desde escaseza de apoios para a súa autonomía persoal como para a escolarización", cita, entre outros exemplos.

O presidente de Cogami, Anxo Queiruga. COGAMI
O presidente de Cogami, Anxo Queiruga. COGAMI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta