O Sergas garante o dereito ao aborto "en todas as áreas sanitarias" de Galicia

O xerente do Servizo puntualiza que non todos os hospitais ofrecen o servizo por mor da obxección de conciencia dos seus sanitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde garante que as mulleres "poidan exercer con todas as garantías o dereito ao aborto no Sergas", á vez que defende o axuste dos protocolos para "a mellor atención posible". Así o manifestou o xerente do Sergas, José Flores, en resposta a unha pregunta do BNG en comisión parlamentaria sobre as medidas previstas pola Xunta para garantir que as interrupcións voluntarias do embarazo se leven a cabo na rede sanitaria pública galega.

Flores lembrou que en Galicia as mulleres para interromper voluntariamente o embarazo "poden escoller un hospital da rede galega ou unha clínica autorizada" na comunidade en embarazos de menos de 14 semanas de xestación. "O Goberno galego, a través do Sergas, traballa arreo para garantir a calidade e seguridade asistencial", explicou, para asegurar que o Sergas "garante que as mulleres poidan exercer con todas as garantías o dereito ao aborto no Sergas".

Flores incidiu en que "todas as áreas sanitarias realizan" interrupcións voluntarias de embarazo, aínda que non en todos os seus hospitais ao ter obxetores de conciencia. O xerente do Sergas sinalou que en 2020 realizáronse 3.365 abortos en Galicia, dos cales o 65 por cento se levaron a cabo na rede pública do Sergas.

Complexo Universitario da Coruña, CHUAC
Complexo Universitario da Coruña, CHUAC | Fonte: Sergas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta