Galicia supera os 5 millóns de doses administradas contra a Covid-19 tras pór outras 31.700

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Galicia superou os cinco millóns de doses contra a Covid-19 administradas no marco do proceso de vacinación da súa poboación, despois de pór outras 31.700 na xornada deste xoves, das cales unhas 1.180 foron destinadas a completa pautas.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do xoves, recollidos por Europa Press, administráronse ata a data 5.025.379 dose, que constitúen 31.777 máis que as rexistradas ata o día pasado e o 97,78% das 5.139.179 recibidas.

Desas 31.777 doses administradas, 1.188 foron para completar pautas, polo que ascenden a 2.311.264 as persoas co proceso finalizado, o que supón o 94,16 por cento da poboación diana --maiores de 12 anos-- inmunizada e o 85,6% do conxunto dos seus cidadáns.

O obxectivo da Consellería de Sanidade é ter a toda a poboación de máis risco, xunto cos sanitarios, inmunizados coa dose de reforzo antes do Nadal.

Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta