O PPdeG pide a dimisión de Yolanda Díaz se coñecía "a gravidade" da pandemia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, argumentou que se a ministra "tiña información sobre a gravidade da covid e non a comunicou ao goberno e a opinón pública debería dimitir".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2021 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cualificou de "sorprendentes" e "tremendamente graves" as manifestacións da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, nas que afirmou que, en febreiro de 2020, viu vir a pandemia e empezou a preparar medidas.

De ser así, dixo que debería dimitir ou facelo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se desde o executivo non se lle fixo caso ás súas advertencias. "Se fosen certas -- dixo sobre as manifestacións de Yolanda Díaz-- demostrarían que o goberno coñecía os riscos do virus antes de autorizar as mobilizacións do 8-M".

"No mellor dos casos actuaron cunha neglixencia letal que custou miles de vidas no noso país, no peor dos casos actuaron con mala fe pondo os seus intereses partidistas por encima da vida de persoas".

Ademais, argumentou que se a ministra "tiña información sobre a gravidade da covid e non a comunicou ao goberno e a opinón pública debería dimitir". "Se tenia información e comunicouna e o goberno non fixo nada e permitiu as mobilizacións do 8-M, debería dimitir o presidente", dixo sobre Pedro Sánchez.

Por outra banda, considerou que o Executivo central está "nunha rúa sen saída". "E demostra que ocultaron información, non tomaron en serio a ameaza e puxeron por diante os seus intereses politicos fronte á seguridade das persoas", apostilou.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. ANGELG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. ANGELG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta