A Xunta acusa ás deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo de bloquear melloras en emerxencias

As melloras en emerxencias que a Xunta di estaren bloqueando as tres deputacións son as que terá Ourense.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/12/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A Xunta asegura que as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo "bloquearon as melloras" na atención das emerxencias que "si se aplicarán" en Ourense.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

A directora  xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse este venres con representantes das tres deputacións provinciais e da Fegamp, encontro no que, segundo informa a Xunta, "decidiron renovar por un ano o convenio vixente sen aplicar as melloras".

Por iso, a Xunta lamenta que "con esta postura se bloquease a mellora da cobertura das emerxencias nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo".

Asegura que, así, os GES destas provincias "non se poden beneficiar das medidas propostas polo Goberno galego para reforzar os persoais e aumentar o financiamento para cubrir os custos salariais".

"As melloras só poderanse aplicar no 12 GES da provincia de Ourense ao aceptar no anterior encontro a Deputación de Ourense a proposta da Xunta", advirte a administración autonómica.

Neste sentido, apunta que os GES de Ourense contarán con 16 novos efectivos, á vez que "se mellorará o financiamento do servizo municipal da mancomunidade Terra de Celanova e as condicións salariais dos grupos".

Nun comunicado de prensa, a Xunta sinala que mantén o seu compromiso para mellorar a atención ás emerxencias "en todo o territorio a pesar de tratarse dunha competencia dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menos poboación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta