Máis de 200 militantes e simpatizantes do PP de Santiago reúnense para quentar motores pensando nas municipais

O presidente da xestora do PP compostelán, Borja Verea, sinalou que "os bos resultados veñen só cando traballamos unidos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O presidente da xestora do PP compostelán, Borja Verea, convocou o pasado xoves no Hotel Porta do Camiño a máis de 250 militantes e simpatizantes para "pór a marcha" o partido para as próximas eleccións municipais.

Segundo informou o PP compostelán, no acto estivo acompañado, ademais, polo presidente do PP provincial, Diego Calvo; o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy; os conselleiros Rosa Quintana e Román Rodríguez; e outros dirixentes populares do ámbito parlamentario e municipal como Paula Prado, Marta González e Alejandro Sánchez-Brunete.

Verea reivindicou a "meta compartida" de que o próximo alcalde de Santiago sexa do PP e Calvo apelou á unidade.

"Os bos resultados veñen só cando traballamos unidos", sentenciou o presidente provincial, quen considerou o propio acto como unha proba de que o PP de Santiago "ten ganas de gañar".

Acto organizado por Borja Verea.. PP DE SANTIAGO
Acto organizado por Borja Verea.. PP DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta