Carmela Silva tras a visita de Almeida: "Hoxe andou por aquí un señor baixiño de Madrid"

O PP de Galicia reprobou o comentario da presidenta da Deputación de Pontevedra, á que advertiu que "é compatible" pensar "distinto" e "non usar o físico para atacar a ninguén".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2021 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referiuse este sábado á visita a Vigo do alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida, nas súas redes sociais, onde, aínda sen mencionar o seu nome, identificou ao rexedor da capital española como "un señor baixiño de Madrid".

"Hoxe un señor baixiño de Madrid andou por aquí. Creo que vén ver se aprende algo", recolle no seu perfil a dirixente socialista, que recibiu numerosas críticas polo apelativo físico ao rexedor madrileño.

De feito, o PP de Galicia reprobou o comentario da presidenta da Deputación de Pontevedra, á que advertiu que "é compatible" pensar "distinto" e "non usar o físico para atacar a ninguén".

"Nin a idade, o xénero ou a condición sexual. A política necesita persoas educadas midan o que midan. Carmela non é unha delas. Saúdos á súa cuñada", sinalan os populares o seu tuit.

"QUE SAIAN DO SEU AGOCHO"

Fano despois de que esta mesma semana a Sala do Penal do Tribunal Supremo (TS) confirmase a condena a 5 anos e tres meses de cárcere ao que fose alto funcionario do Concello de Vigo Francisco Javier G.O. por promover a adxudicación irregular de varios contratos menores a unha concesionaria municipal, coa finalidade de pagarlle un salario a unha cuñada da presidenta da Deputación.

Esste mesmo sábado, o secretario do PP de Pontevedra, Luís López, pediu a Carmela Silva, así como ao alcalde vigués, Abel Caballero, e ao PSOE provincial que "saian do seu agocho e asuman a súa responsabilidade política" ante "a trama de corrupción ideada para enchufar á cuñada da presidenta da Deputación".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

A Marquesa de Toralla cada día máis botada para adiante, semella estar buscando un posto principal na lista electoral á Presidencia da Xunta ! Cando dín dela que é "chacha para todo do vello alcalde de Vigo" querélase nos tribunais e mesmo obtén sentenza favorable ! Pero cando se investiga a corrupción de 108.000 € pagados á súa cuñada, a Fiscalía de Vigo dí que non procede investigar aos cargos políticos do Concello ! Así podemos chamar enano a quen se nos poña por díante mentras imos de feminista de salón instalada cómodamente na illa de Toralla (1,8 M€) A vivir que son dous días...

1 Riolo

La prepotencia de una señora con muy pocas luces que está en política para lo de siempre. Se puede criticar mucho a Almeida, pero intelectualmente te da cincuenta vueltas, sea alto o o bajo. Por cierto Carmela, a ver cuando explicas que pasa con la concesión de la empresa de tu cuñada. El funcionario que la otorgó acaba de ser condenado a cinco años de prisión.