A Xunta de Galicia duplica o límite de gasto co Bono Cultura, co que o límite serán os 40.000 euros

Pode empregarse para a compra de libros, música en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, videoxogos, entradas para salas de cinema, concertos, espectáculos escénicos e museos, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2021 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia duplicou o límite de gasto en compras que cada establecemento pode alcanzar co Bono Cultura, co que o límite serán os 40.000 euros e non as 20.000 iniciais.

Unha decisión que, segundo informou a Consellería de Cultura, Educación e Universidade nun comunicado, tómase debido a que, no ecuador da campaña, diversos negocios adheridos xa alcanzaran o teito de compras bonificadas inicialmente previsto ou están próximos.

O Bono Cultura da Xunta está en marcha desde o 1 de novembro. Neste tempo, realizáronse máis de 27.000 operacións, cifra que continuará aumentando, posto que se pode utilizar ata o 31 de decembro.

Pode empregarse para a compra de libros, música en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, videoxogos, entradas para salas de cinema, concertos, espectáculos escénicos e museos, entre outros.

Cada usuario rexistrado ten un bono por valor de 50 euros e, en cada compra, obtén un desconto do 50%, que pode usar tantas veces como desexe ata esgotar o crédito dispoñible. Os establecementos poden consultarse en www.bonocultura.gal. Ademais, poden identificarse grazas ao selo distintivo e o material de promoción co que contan.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta ante os medios o 'bono cultura' da Xunta antes de reunirse con representantes do sector.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta ante os medios o 'bono cultura' da Xunta antes de reunirse con representantes do sector.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta