O mal tempo impide ao equipo de drones unirse á procura da muller desaparecida en Oroso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2021 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O dispositivo de procura da muller desaparecida desde a noite do pasado sábado no concello de Oroso viuse afectado as condicións meteorolóxicas.

O equipo de Drones da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que se desprazou ao momento á primeira hora desta mañá, tivo que retirarse do operativo debido ao mal tempo, segundo informou o 112.

O operativo na procura da muller, posto en marcha e coordinado pola Garda Civil, segue activo coa participación dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso e a Unidade Canina de Rescate de Padrón.

A alerta da desaparición foi comunicada ao 112 Galicia por un familiar da muller ás 00,30 horas do domingo, momento no que os operadores de emerxencias trasladáronllo aos axentes da Garda Civil que iniciaron, de inmediato, o operativo de busca.

Dron
Dron | Fonte: Remitida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta