Primeiras consecuencias do temporal 'Varra': dous feridos ao esborrallarse o teito dun supermercado

Eran dous empregados do supermercado.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/12/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas este martes ao esborrallarse o teito dun supermercado debido á acumulación de auga no municipio de Vilgarcía de Arousa, nunha xornada con avisos por choivas, vento forte e ondada en Galicia por mor da influencia da borrasca 'Varra', situada sobre Irlanda.

Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña, Galicia
Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña, Galicia | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional e do 112, esta incidencia tivo lugar sobre as 12,00 horas nun supermercado en Vilagarcía de Arousa no que había clientes, pero unicamente resultaron afectados dous empregados.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado. A primeira trasladou ao Hospital do Salnés a unha muller ferida, V.Ou.R., de 36 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

CHOIVA E VENTO

A choiva deixou ata as 16,00 horas deste martes 89,8 litros por metro cadrado no concello pontevedrés de Cuntis e 87,7 no de Forcarei, na mesma provincia, con motivo da influencia da borrasca 'Varra' sobre Galicia, que causou, ademais, refachos de vento superiores a 110 quilómetros por hora en varios puntos.

Ata as 16,00 horas, a máxima de vento correspondeu a Muras (Lugo), con 142,4 quilómetros por hora ás 10,00 horas. Pola súa banda, no litoral alcanzáronse o 128,7 km/h en Viveiro (Lugo) ás 12,20 horas; o 116,7 km/h en Cedeira (A Coruña) ás 9,40 horas e o 112,2 km/h na Pontenova (Lugo) ás 13,00 horas.

Mentres, no municipio de montaña de Carballeda de Valdeorras (Ourense) chegouse aos 116,3 quilómetros por hora ás 15,50 horas e en Manzaneda o vento deixou refachos de 102,9 km/h ás 15,30 horas.

Tamén se superaron os 100 quilómetros por hora nos concellos pontevedreses de Oia (costeiro), con 108,3 km/h ás 14,50 horas, e nas Neves, con 105,1 km/h ás 14,10 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta