Formoso pide deixar ao carón as "diferenzas internas" e asegura que no PSdeG "non sobra ninguén"

Laxe e Touriño trasladan a súa "lealdade" a Formoso no XIV Congreso do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2021 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediu aos socialitas galegos que deixen ao carón as "diferenzas internas" e asegurou que na formación "non sobra ninguén". Formoso lanzou esta mensaxe durante a súa intervención na primeira xornada do XIV Congreso Nacional que o PSdeG celebra no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Formoso dixo que "todo o mundo ten un papel" e "unha valía". "Tócanos facer brotar o talento do Partido Socialista", sinalou.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso (i) e o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán (d), no congreso do PSdeG.. César Arxina - Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso (i) e o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán (d), no congreso do PSdeG.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

APOIO DE LAXE E TOURIÑO

Os expresidentes socialistas da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño, aproveitaron as súas intervencións no XIV Congreso do PSdeG para trasladar a súa lealdade ao novo secretario xeral, Valentín González Formoso.

En primeiro lugar, González Laxe trasladou a súa "lealdade e respecto" a todos os que foron secretarios xerales do partido ao considerar que "sen eles dificilmente o partido podería estar hoxe aquí".

Tras iso, subliñou tamén o seu compromiso co novo líder, Valentín González Formoso, e dixo que "un partido consiste tamén en ir transmitindo legados de xeración en xeración", "consiste en ir deixando a testemuña, saber estar a entregar o compromiso". "Así todos iremos articulando un novo proxecto beneficioso para a sociedade", apuntou.

Pola súa banda, Touriño comezou a súa intervención recoñecendo "o labor desenvolvido polo anterior secretario xeral", Gonzalo Caballero, e mostrouse convencido de que desta cita congresual sairá "un partido máis unido, máis útil para a cidadanía e para que Galicia poida avanzar". Dito isto, agradeceu o paso adiante dado por Formoso. "Podes contar coa miña lealdade permanente", trasladoulle nunha intervención na que dixo que a maior "satisfacción" da súa vida pública foi ostentar durante 10 anos a Secretaría Xeral do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta